Xan Pla Zubiri
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de febreiro de 1874 Viveiro, España |
Morte | abril de 1936 (62 anos) Manresa, España |
Educación | Universidade de Valladolid Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Familia | |
Irmáns | José Pla Zubiri |
Juan Pla Zubiri, nado en Viveiro o 13 de febreiro de 1874 e finado en Manresa en abril de 1936, foi un rexistrador e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Juan Pla Sampedro. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Valladolid onde se licenciou. Aprobou as oposicións a rexistrador da propiedade e foi destinado á Pobra de Trives en 1905, onde casou con Estrella Cortiñas. Posteriormente foi rexistrador de Negreira (1908), A Guarda, Xixona, Igualada (1929) e Manresa (provincia de Barcelona). Colaborou en Heraldo de Vivero e El Vivariense e publicou poemas en Eco de Galicia, Galicia Moderna e Vida Gallega.
Obras
[editar | editar a fonte]- Letra da música "Morriña, melodía gallega" do compositor Ricardo Courtier.[1]
- A tola de Covas, 1917, Madrid (poesía), con prólogo de Antonio Rey Soto.[2]
- Desengano, abril de 1926, A Coruña (prosa), n.º 20 da colección Lar.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Biblioteca Digital Hispánica Biblioteca Nacional de España.
- ↑ Establecimiento tipográfico "La Itálica". Calle de Velarde, número 12.
- ↑ Iglesias, Xabier (25/11/2012). "Desengano". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xan Pla Zubiri |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carballo Calero, Ricardo (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. p. 501. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 104.
- Chao Espina, E. (1955). "Unas líneas sobre la familia Pla". Boletín de la Real Academia Gallega (RAG) 26 (305-308): 130–134. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2018. Consultado o 07 de setembro de 2018.
- Chao Espina, E. (2005). "Pla Zubiri, Juan". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 342. ISBN 84-7492-465-0.
- Ínsua López, Emilio Xosé (2017). O escritor viveirense Xoán Pla Zubiri (1874-1936). Autor-editor. ISBN 978-84-697-8063-3.
- Hermida, M. (dir.) (2003). Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). CIRP. p. 313-316. ISBN 84-453-3736-X.